O IVE: Imposto do Valor Engadido
O IVE é un imposto que pagamos ó Estado cada vez que compramos un artigo. O IVE é unha porcentaxe sobre o valor inicial do producto. É dicir, o IVE fai que os artigos que mercamos sexan mais caros. Pero ese diñeiro de mais non é para o que nolo vende.O comerciante cóbranos a nós ese diñeiro, e logo el encárgase de entregar ese diñeiro a Facenda.

Neste momento, en España, hai tres tipos de IVE:
  • O reducido, do 4%: aplícase ós productos básicos (alimentos).
  • O itermedio, do 7%: aplícase á roupa, ós medicamentos, ás bebidas non alcohólicas, gafas, os transportes...
  • O xeral, do 16%: aplícase ós discos, material informático, cosméticos, hoteis, obras...

  1. Averigua o tipo de IVE dos seguintes productos: cueiros, billetes de avión, xoias, comidas nun restaurante, mobles.
  2. Envía un comentario no blog explicando para que serven os impostos, que opinión te merecen, que outros impostos coñeces...
  3. Entra na seguinte páxina da web do Descartes sobre o IVE, léea con atención, e fai, os exercicios dos puntos 1, 2 e 3. Copia os enunciados e as respostas no teu caderno: O IVE con Descartes