O átomo de Bohr
No seguinte applet se representa o átomo de Bohr. Observa como, cando o electrón absorbe un fotón que "pasaba por alí" o electrón "sube" a unha órbita mais alonxada do núcleo, e de mais enerxía. Despois dun tempo vai emitindo fotóns e caíndo escalonadamente ata chegar de novo o nivel mais baixo (n=1). As liñas de cor representan o salto do electrón, e tamén a enerxía do fotón emitido ou absorbido: canto mais longas, maior é esta enerxía. Pincha aquí para ver o applet